Ven e Descubre Marín
Ven e descubre Marín é unha campaña publicitaria e promocional que busca vencellar a hostalería e o comercio de Marín e atraer visitantes de outros puntos de Galicia.
A campaña artéllase a través dun concurso-sorteo de paquetes vacacionais de fin de semana formados por:
- 2 noites de aloxamento en establecementos de hospedaxe do Concello.
- 2 bonos gastronómicos en restaurantes do concello.
- 1 Vale de compra de 100 euros a gastar nos establecementos comerciais do Concello.
- 2 entradas ao Ecoparque do Cadro.
O concurso artéllase a través de 10 preguntas que aparecerán publicadas de luns a venres durante a última semana de xullo e a primeira de agosto, no Diario de Pontevedra e nesta web do Plan de Dinamización Comercial de Marín, así como na web www.descubremarin.com.
As temáticas das mesmas serán variadas, dende a preguntas relacionadas co propio Plan de Dinamización Comercial cuxa resposta poderase obter na propia web ou páxina do facebook, pasando por cuestións relacionadas coa historia e natureza de Marín ata chegar a cuestións relacionadas co comercio e a hostalería da vila.
Para participar tan só tes que responder ás preguntas plantexadas a través do formulario que aparecerá nesta web xunto cos teus datos persoais (nome e apelidos, lugar de residencia, teléfono e dirección de correo electrónico) ou no teléfono 663 917 137 en horario de 12 a 14 horas. Aqueles 30 participantes que obteñan máis puntos, obterán un vale de compra de 100 euros a gastar nos establecementos participantes de Marín e participarán no sorteo dos 3 paquetes vacacionais comentados anteriormente.
Se queres obter máis información sobre a campaña, só tes que chamar ao teléfono 663 917 137 ou enviarnos un correo electrónico á dirección pdcmarin@pdcmarin.com coas túas dúbidas.
Ao logo da vindeira semana, publicaranse nesta páxina web as bases do concurso sorteo Ven e Descubre Marín para a súa consulta.
Ánimate e partipa!!
